Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

BENVIDAS SEXAN AS VACACIÓNS DE VERÁN

Imaxe
Este curso 2020-2021 tan complexo e difícil por fin toca ao seu fin! E como é de ben nacidos ser agradecidos aí van os nosos parabéns: en primeiro lugar á s familias, por axudarnos en todo o proceso de adaptación ás novas normas e condicións de vida derivadas desta era covid e por ser tan comprensivas coas moitas veces que tivemos que reinventarnos no día a día da escola; e por suposto e sobre todo, aos  nosos grandes heroes e heroínas que souberon estar á altura das circunstancias e superaron de longo todas as nosas expectativas cando alá por setembro comezamos esta empresa tan difícil de ensinar sen tocarnos, atender sen poder vernos as caras, traballar sen compartir materiais nin apertas e por aprender a sorrir únicamente cos ollos.  Por todo isto, GRAZAS a todos e todas e PARABÉNS polo esforzo!!! Picade na imaxe da vosa aula e desfrutade coas lembranzas que vos agardan nos vídeos que con tanto cariño fixeron as vosas profes. 6ºEI-PROFE MARÍA   5ºEI-PROFE MARISOL   4ºA.EI-PROFE MONT