Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

Semana do 27 ao 30 de Abril. UNHA SEMANA MÁIS...TRABALLAMOS NA CASA

Imaxe
Ola de novo rapazas e rapaces! Aquí estamos outra semana máis para seguir traballando e aprendendo cousiñas interesantes, pero iso sí, dende a nosa casiña. Estivemos vendo que cada día traballades mellor e que as tarefas que vos amosamos cada vez vos saen máis chulas, así que a ver que facedes esta semana coas cousas que vos teñen preparadas as mestras. Tampouco nos cansamos de dicirvos que vaiades gardando os vosos traballiños ben ordenados e que todos os VENRES nos  mandedes a tarefa que vos marca a vosa mestra para o XOVES e a actividade común a todo infantil. En fin, que se estades preparados e preparadas imos alá con esta nova semana, premede na imaxe da vosa aula.... PROFE ANDREA PROFE MARÍA     PROFE MONTSE     PROFE NATI A ACTIVIDADE COMÚN para todos e todas n esta semana do 27 ao 30 de abril descubrirédela premendo nesta imaxe de aquí.....

HISTORIAS DE MONSTROS E MOITAS EMOCIÓNS.

Imaxe
Ola rapazada! Qué contentas estamos as profes cos vosos debuxos! Fixemos este vídeo para amosarvos qué grandes artistas estades feitos e tamén para que vexades que todas e todos estamos un pouquiño enleados coas nosas emocións, igual que o noso amiguiño o MONSTRO DE CORES. Velaí vos queda esta pequena homenaxe das vosas profes que tamén andan enleadas coas emocións e teñen moitas ganas de vervos. Desfrutade da fin de semana.... 

Semana do 20 ao 24 de Abril. SEGUIMOS TRABALLANDO

Imaxe
Ola de novo nenas e nenos! Qué tal a primeira semana de probas? As mestras estivemos mirando todo o que nos mandastes nestes días e xa vimos que o estades facendo FENOMENAL.  Lembrade seguir gardando as vosas tarefas ben ordenadas e que tedes todo o VENRES para mandar o traballo dos XOVES e a ACTIVIDADE COMÚN ao correo das profes profesdeinfantil1@gmail.com , vale?  Seguro que xa todas e todos estades listos para afrontar unha nova semana de traballo, verdade? Pois imos alá...premede na imaxe da vosa aula e a seguir traballando.... PROFE ANDREA PROFE MARÍA PROFE NATI   PROFE MONTSE E para esta segunda semana do 20 ao 24 de abril a ACTIVIDADE COMÚN que faremos podedes atopala premendo aquí....   

Semana do 14 ao 17 de Abril. COMECEMOS POUQUIÑO A POUCO....

Imaxe
Benvidas e benvidos a este terceiro trimestre especial! Como xa saberedes polas noticias e polas mestras aínda teremos que esperar un chisquiño máis para vernos no colexio e traballar xuntos novamente; pero non pasa nada, seguiremos mantendo o contacto con vós a través das canles de sempre, do tokappschool , da web do centro , do correo profesdeinfantil1@gmail.com e sobre todo deste BLOGUE onde cada semana iremos poñendo as actividades que teredes que facer cada día na vosa casiña. Vós só tedes que estar pendentes cada LUNS de mirar na vosa aula o  traballo que vos puxo a vosa mestra para cada semana; aiii, case nos esquecemos!!! Tamén faremos unha actividade común para toda a cativada de Infantil que vos achegaremos moi ben explicadiña nun vídeo cada nova semana.  Estades preparados e preparadas para comezar???? Moito ánimo e imos alá coa primeira semana..... Lembrade levar coidado, non agobiarse e comecemos POUQUIÑO A POUCO. Velaquí as entradas, pinchade na AULA correspon

LEMBRANZAS DO COLEXIO. Parte I

Imaxe
Bo día a todas e todos! Aquí estamos de novo para axudar un chisco na difícil tarefa de facervos este tempo de illamento o máis ameno posible. Xa levamos un tempo sen vernos cariña a cariña , sen escoitar as vosas historias, sentir as vosas apertas e rir coas vosas ocorrencias, por iso as mestras pensamos que igual vos prestaba facer unha viaxe virtual polos recunchos do noso colexio a traves dunha serie de vídeos que estamos facendo. Aquí van os vídeos para que viaxedes dende a casa polas lembranzas do colexio, elexide porta e a desfrutarrrr....   Desta volta viaxamos polas lembranzas que todas e todos gardamos do primeiro trimestre deste curso 2019-2020 tan raro que nos tocou vivir. Qué tal se despois de velo varias veces e desfrutalo con toda a familia vos animades a xogar con el, por exemplo: escribindo e/ou debuxando a actividade que máis vos gustou, ou a que menos, contando cantas actividades diferentes hai en cada vídeo, cantas se repiten nos vídeos das distintas aulas,