Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

DESPEDIDA SEN FINAL. XUÑO 2020....E BO VERÁN A TODAS E TODOS!!!

Imaxe
Queridos nenos e nenas, chegamos por fin ao final deste curso tan especial 2019-2020 que sempre quedará marcado nas nosas lembranzas.  As vosas mestras e mestres durante este curso estamos moi orgullosas/os do grande traballo que fixestes ao longo do curso en xeral, e deste último trimestre tan raro que nos tocou vivir a todos/as en especial.  Máis agora, só nos presta agradecer inmensamente a colaboración de cada unha das familias que tanto nos axudaron a todos/as e as gañas que amosates vós, pequenos/as grandes  campións e  campionas durante todo o confinamento. Foi un pracer desfrutar con vós das vosas cariñas, dos vosos sorrisos,  dos vosos avances e do voso cariño.  Desfrutade moitííísimo do verán e premede na imaxe para ver a nosa pequena sorpresa.... DESFRUTADE DO MELLOR VERÁN DO MUNDO!!  E ATA SETEMBRO!!

FACEMOS O NOSO QUEIXO.

Imaxe
QUE GRANDES COCIÑEIRAS E COCIÑEIROS ESTADES FEITOS!!  DÁ GUSTO VERVOS TRABALLAR NAS COCIÑAS, COAS POTAS, CO LEITE, COS LIMÓNS, CO VINAGRE....  E QUÉ MARAVILLA DE QUEIXOS!!!  TEÑEN PINTA DE ESTAR MOOOOOI RICOS!! VELAQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DAS VOSAS DELICIOSAS CREACIÓNS. PREMEDE NA IMAXE E MIRADE BEN....  BO PROVEITO!!!!

Última semana de curso.....e por fin vacacións.

Imaxe
E parecía que non ía chegar, máis aquí estamos todas e todos:  benvidas e benvidos á ÚLTIMA SEMANA deste singular e especial CURSO 2019-2020. Despois de todo este tempo de traballos, actividades, vídeos, contos, cancións e demáis  tarefas, chegou o momento de descansar, de desconectar, de xogar, de facer cousas ao aire libre, de desfrutar da nosa familia....chega o FIN DE CURSO e o VERÁN!!! Esta semana tamén vos deixamos un Symbaloo en cada ventaniña de cada aula, pero este é un pouco diferente. As vosas mestras fixemos un traballo de recopilación e selección de cousiñas axeitadas á vosa idade que podedes usar durante o verán sempre que queirades, de xeito totalmente libre e voluntario, un BANCO DE RECURSOS co fin de que non teñades que mercar nada e por se tedes gañas de repasar o traballado neste curso.  Botámoslle un ollo á vosa ventaniña de aula? Pois imos alá....premede na imaxe e a desfrutarrr....  PROFE ANDREA  PROFE MARÍA   PROFE MONTSE   PROFE NATI

Salvemos a Xureliño

Imaxe
Qué maravilla de traballos nos mandastes esta semana!! Sabiamos que todas e todos queriades moito a Xureliño e así o demostrades cos vosos carteis de axuda e apoio ao COIDADO DOS MARES e do MEDIO AMBIENTE en xeral.  Qué grande sorte ten este noso planeta TERRA de contar con cada un e cada unha de vós para mantelo bonito, respetado e ben coidado. Aquí vai unha mostra do voso compromiso no coidado da NATUREZA e do MEDIO AMBIENTE tan importantes para termos unha VIDA MELLOR. Desfrutade da fin de semana!!

Semana do 8 ao 12 de Xuño...E a piques de rematar.

Imaxe
Moi boas a todas e todos unha semana máis!!! Qué tal levades estes últimos días de curso? As vosas mestras estamos moi contentas co moito que estivestes traballando e co grande esforzo que estades facendo. Sodes uns campións e campionas de primeira división!!! Quédanos por diante unha semana máis de traballo e unha semana menos para as vacacións. Coma sempre, lembrade enviar a tarefa do XOVES  e a tarefa COMÚN o venres 12 de Xuño para que as mestras poidamos botar un ollo ao voso traballo e tomar nota para esta última e ben complicada e rara terceira avaliación. Seguimos ao voso dispor coma sempre na mesma dirección profesdeinfantil1@gmail.com Todo o mundo está listo/a, preparado/a  e con gañas!!! Pois imos alá... Premede na imaxe da vosa aula e a desfrutarrrr......     PROFE ANDREA   PROFE MARIA PROFE MONTSE PROFE NATI E como TAREFA COMÚN, esta semana témosvos unha pequena sorpresa detrás desta imaxe tan chula. Se queredes descubrila non tedes máis ca pinchar nela...