Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

POR SE QUERES FACER TRABALLO ESCRITO... E NON SE CHE OCORRE QUE FACER...

Imaxe
    Ola rapazada!!!  Aquí estamos outra vez as vosas mestras para facervos este tempo de illamento un chisquiño máis levadeiro.  Seguro que todos e todas estades moi ocupados facendo cousas chulísimas e divertidas nas que aprendedes moito. Seguro que tamén estades moi atarefados facendo cousas da casa e botando unha man para demostrarlle aos vosos maiores que sodes persoas pequechas de tamaño pero enormes nas vosas gañas de AXUDAR. Se a pesares do moito que estades traballando na casa lendo contos, debuxando, escribindo e copiando palabras, sumando e restando, cantando e bailando, gardando todo no voso diario, XOGANDO... aínda queredes facer algún que outro traballiño aquí vos deixamos unha pequena mostra de actividades que podedes descargar e facer se queredes, podedes e vos apetece. Aquí podedes descargar tarefas directamente segundo o que queirades facer: números, grafomotricidade, letras, cores, series...  MATERIAL IMPRIMIBLE 1  e  MATERIAL IMPRIMIBLE 2 MATERIAL

E QUÉ TAL SE VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO?

Imaxe
Ola a toda a xente miúda que temos lonxe neste momento porque TODOS E TODAS DEBEMOS QUEDAR NA CASA. As mestras de infantil queremos compartir con vós unha viaxe virtual moi chula polo Salón do Libro de Pontevedra, cargadiña de contos, historias, receitas, manualidades....e o mellor de todo, sen movervos das vosas casiñas e sen medo a mollarvos coa choiva destes días. Para facer esta pequena viaxe non tedes máis que picar nesta imaxe e desfrtutar!!!! Pasádeo ben e vémonos pronto!

RECOMENDACIÓNS PARA A CORENTENA

Estimadas familias, As mestras de Educación Infantil queremos que saibades que nestes tempos de corentena estaremos á vosa disposición para facer que este periodo sexa o mais levadeiro posible.  Ademáis das recomendacións que xa vos fixemos chegar a pasada semana hoxe queremos que teñades en conta estas RECOMENDACIÓNS que nos fan dende o DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN do noso colexio. RECOMENDACIÓNS PARA O PERIODO DE CORENTENA Nas próximas semanas a vida vai cambiar bastante respecto ao que os vosos fillos e fillas están afeitos. As seguintes recomendacións poden axudarvos a facer menos duro este tempo de confinamento: •        É moi importante establecer unha rutina diaria (aos nenos e nenas dalles seguridade e aos adultos facilítanos a convivencia): Sería interesante elaborar un horario e poñelo nun lugar visible, onde se contemplen todas as actividades que se van realizar no día. A elaboración do horario xa é unha actividade en sí mesma, na que os nenos e nenas p

VIVA O ENTROIDO 2020!!

Imaxe
Cheo de superheróes e superheroínas este ano chegou o Entroido ao noso colexio. As profesoras disfrazáronse de malas malísimas pero os nenos e nenas somos moito máis poderosos e fortes!!! Os Superheróes e Superheroínas Quitamedos somos os máis grandes e valentes de todo o colexio. 

O LOBO E A LÚA. TEATRO EN PONTEVEDRA

Imaxe
O mércores 19 de Febreiro o alumnado de Educación Infantil do centro fixemos unha saída a Pontevedra moi entretida. Fomos ver a obra de teatro "O lobo e a lúa" e a exposición do Café Moderno "O camiño da Vida" , despois participamos nuns obradoiros moi divertidos en torno á temática de "Que temos na nosa cabeza?" Quen dixo que aprender non pode ser moi divertido!!!

DÍA DA PAZ 2020

Imaxe
Un ano máis chegou o 30 de Xaneiro ao colexio e con el o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. Velaquí algunhas cousiñas que fixemos para celebrar esta data.....                                              

INVERNO DE BONECOS DE FLOCOS DE MILLO

Imaxe
Qué maneira máis curiosa e xeitosa de celebrar e aprender cousas do inverno teñen estas nosas mestras!!!                                                                            Vivan os nosos Bonecos de Neve de Flocos de Millo!!!