Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Semana do 1 ao 5 de Xuño....Estreando mes novo dende a casiña.

Imaxe
  Ola raparigas e raparigos!! Que tal ides esta semana? Esperamos que todas e todos sigades ben, xa que estreamos mes novo e estamos moi pretiño de rematar as clases e comezar as esperadísimas vacacións de verán.  Esta semana celébrase o DÍA DO MEDIO AMBIENTE e as vosas profes pensamos nunha morea de tarefas relacionadas con este tema. Xa sabedes, descargade as actividades, facédeas ao voso ritmo e cando teñades feita a do XOVES e a TAREFA COMÚN mandádesnolas ao noso correo de sempre ( profesdeinfantil1@gmail.com ) o VENRES, vale? Pois se xa estades preparadas e preparados....imos alá, premede na imaxe da vosa aula.   PROFE ANDREA    PROFE MARÍA   PROFE MONTSE   PROFE NATI Nesta semana do Medio Ambiente traémosvos unha TAREFA COMÚN moi importante para todas e todos vós. Pinchade na imaxe e descubride a misión desta semana.

As pitas baixo a choiva dos cativos e cativas de Cuntis

Imaxe
E para tentar refrescar un chisquiño desta calor que nos abafa estes días de finais de Maio, que mellor maneira hai que unha pouquiña auga fresca de choiva, igualiño que a que enchoupou ás pitas de Ricardo Carvalho Calero no seu coñecido conto "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" e que tan ben reflexastes coas vosas versións artísticas. Pasade moi boa fin de semana e velaquí vai a mostra das vosas pitiñas....

Semana do 25 ao 29 de Maio...E unha chea de lembranzas

Imaxe
Moi boas raparigas e raparigos!! Como o estades levando? Esperamos que todas e todos sigades tan ben como sempre e non perdades os vosos sorrisos. Esta semana vimos cargadiñas novamente de actividades para seguir aprendendo e divertirnos con cousas novas e por todas e todos coñecidas. Lembrade que tedes tarefas para cada día da semana, máis a que nós precisamos que nos mandedes o venres é a TAREFA DO XOVES, vale? Pois se xa estades preparadas e preparados para unha nova semana de aventuras, imos aló......Premede na imaxe da vosa aula e a desfrutarrrr.....       PROFE ANDREA              PROFE  MARÍA      PROFE MONTSE   PROFE NATI   Esta semana en lugar da TAREFA COMÚN que vos propoñemos sempre fixémosvos un pequeno agasallo para todas e todos vós. As profes xuntamos as fotiños que fixemos canda vós no segundo trimestre e preparámosvos uns vídeos para lembrar o ben que o pasabamos na escola, canto aprendemos nela e canto vos botamos en falta neste mo

ARTE CON FÍOS

Imaxe
As vosas mestras sabiamos que erades moi bós/as coas manciñas, moi creativos/as coas pinturas, moi espilidos/as coas cores e formas....máis qué grandes artistas resultastes todas e todos!! Estamos encantadas de acompañarvos a todas e todos  vós n este incrible camiño cheo de ledicia e arte compartida. Velaí unha pequena mostra do grande potencial artístico que gardades todos e cada un/ha de vós...... Desfrutade da fin de semana!!

Semana do 18 ao 22 de Maio. UNHA SEMANA MENOS...E MÁIS PREPARADOS E PREPARADAS

Imaxe
Aquí andamos de novo raparigos e raparigas! E qué ben o estades facendo! Sodes os máis valentes e fortes! As profes estamos moi contentas con todos e todas vós porque estades cumprindo moi ben coas tarefas e porque nos enviades  a ACTIVIDADE COMÚN e  os vosos traballos de cada XOVES todos os VENRES ao noso correo electrónico de sempre, profesdeinfantil1@gmail.com  . Esta semana das Letras Galegas estivemos preparándovos unha chea de cousas divertidas coas que aprender un montón sobre a figura homenaxeada neste ano 2020, RICARDO CARVALHO CALERO. Estades listos e listas para botarlle man ás tarefas? Imos aló entón....Premede na imaxe da vosa aula e a desfrutarrrr.... PROFE ANDREA PROFE MARÍA PROFE MONTSE PROFE NATI A TAREFA COMÚN desta semana poderedes acceder a ela premendo na seguinte imaxe.......

FACEMOS PLASTILINA CASEIRA

Imaxe
Unha semana máis as profes quedamos impresionadas coas cousas incribles que sodes capaces de facer coas vosas manciñas pequechas!!  Grazas ás fotos que nos mandastes fixemos este vídeo tan bonito onde podemos vernos un chisquiño, aínda que sexa na distancia. Seguide así de fortes, valentes e cheos de ilusión!! Desfrutade das vosas creacións e das dos vosos compañeiros e compañeiras...

Semana do 11 ao 15 de Maio. UN POUQUIÑO MÁIS CERCA DA SAÍDA.

Imaxe
Aquí estamos unha semana máis nenos e nenas! Como o estades levando? Esperamos que ben. Traémosvos unha chea de actividades para facer na casiña e que nos teñades tan presentes coma vos temos nós a todos e todas. Seguide gardando os traballos que vos propoñemos e lembrade enviarnos a tarefa dos xoves e a tarefa común o vindeiro venres ao noso correo electrónico profesdeinfantil1@gmail.com   Pois se xa estades preparados e preparadas xa sabedes...premede na imaxe da vosa aula e a desfrutarrrr...   PROFE ANDREA   PROFE MARÍA   PROFE MONTSE   PROFE NATI    E a ACTIVIDADE COMÚN desta semana chámase ARTE CON FÍOS, premede nesta imaxe para averiguar que cousa interesante podedes facer todos e todas xuntos na casiña.

CROMATOGRAFÍAS

Imaxe
Esta semana tocou experimentar... e que ben o fixestes!!! Velaquí vos deixamos un vídeo das vosas creacións para que desfrutes adiviñando de quen é cada unha...                          Apertas a moreas das vosas mestras que vos extrañan moito.

Semana do 5 ao 8 de Maio. UN MES NOVO E TRABALLANDO NA CASA

Imaxe
Qué tal estamos nenas e nenos? Estrenamos un mes noviño, máis seguimos traballando dende a casa, como ten que ser verdade... As profes sabemos que cada día que pasa quedar na casa cada vez faise mais difícil, pero tamén sabemos que sodes fortes e moi valentes e que estades traballando moito para que isto pase pronto e volver á normalidade. Pola nosa banda seguimos aquí para todos e todas vós e seguimos buscando tarefas e actividades para que vaiades facendo na casiña e sigades avanzando e reforzando nas vosas aprendizaxes. Imos alá!!! .... Premede na imaxe da vosa aula e a desfrutarrrr......               PROFE ANDREA     PROFE MARÍA PROFE MONTSE         PROFE NATI A actividade común desta semana do 5 ao 8 de Maio poderedes saber de qué se trata se premedes nesta imaxe que vos deixamos..... 

MERENDAS SABOROSAS

Imaxe
E outra vez o volvestes facer rapazolos e rapazolas!!! Qué cousas máis bonitas saen das vosas manciñas cando se deixan levar polas vosas cabeciñas inventoras!! E polas das familias tamén, por suposto!!! Velaquí vos deixamos o vídeo das vosas MERENDAS SABOROSAS para que comecedes a fin de semana con bon sabor de boca... VÉMONOS PRONTO!!