Semana do 14 ao 17 de Abril. COMECEMOS POUQUIÑO A POUCO....
Benvidas e benvidos a este terceiro trimestre especial!
Como xa saberedes polas noticias e polas mestras aínda teremos que esperar un chisquiño máis para vernos no colexio e traballar xuntos novamente; pero non pasa nada, seguiremos mantendo o contacto con vós a través das canles de sempre, do tokappschool, da web do centro, do correo profesdeinfantil1@gmail.com e sobre todo deste BLOGUE onde cada semana iremos poñendo as actividades que teredes que facer cada día na vosa casiña. Vós só tedes que estar pendentes cada LUNS de mirar na vosa aula o traballo que vos puxo a vosa mestra para cada semana; aiii, case nos esquecemos!!! Tamén faremos unha actividade común para toda a cativada de Infantil que vos achegaremos moi ben explicadiña nun vídeo cada nova semana.
Estades preparados e preparadas para comezar???? Moito ánimo e imos alá coa primeira semana..... Lembrade levar coidado, non agobiarse e comecemos POUQUIÑO A POUCO.
Velaquí as entradas, pinchade na AULA correspondente e a traballar.....!!!
PROFE ANDREA
PROFE MARÍA
PROFE MONTSE
PROFE NATI
E a primeira ACTIVIDADE COMÚN que faremos nesta semana do 14 ao 17 de Abril podedes atopala premendo aquí....
Comentarios
Publicar un comentario