Última semana de curso.....e por fin vacacións.

E parecía que non ía chegar, máis aquí estamos todas e todos: benvidas e benvidos á ÚLTIMA SEMANA deste singular e especial CURSO 2019-2020.
Despois de todo este tempo de traballos, actividades, vídeos, contos, cancións e demáis tarefas, chegou o momento de descansar, de desconectar, de xogar, de facer cousas ao aire libre, de desfrutar da nosa familia....chega o FIN DE CURSO e o VERÁN!!!
Esta semana tamén vos deixamos un Symbaloo en cada ventaniña de cada aula, pero este é un pouco diferente. As vosas mestras fixemos un traballo de recopilación e selección de cousiñas axeitadas á vosa idade que podedes usar durante o verán sempre que queirades, de xeito totalmente libre e voluntario, un BANCO DE RECURSOS co fin de que non teñades que mercar nada e por se tedes gañas de repasar o traballado neste curso. 
Botámoslle un ollo á vosa ventaniña de aula? Pois imos alá....premede na imaxe e a desfrutarrr....
 PROFE ANDREA

 PROFE MARÍA

 PROFE MONTSE

 PROFE NATI



A VÓS E A TODAS AS FAMILIAS...



                                                           

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Semana do 14 ao 17 de Abril. COMECEMOS POUQUIÑO A POUCO....

SEGUNDO TRIMESTRE LISTO .....IMOS A POLO TERCEIRO!!!!

Semana do 18 ao 22 de Maio. UNHA SEMANA MENOS...E MÁIS PREPARADOS E PREPARADAS