RECOMENDACIÓNS PARA A CORENTENA

Estimadas familias,

As mestras de Educación Infantil queremos que saibades que nestes tempos de corentena estaremos á vosa disposición para facer que este periodo sexa o mais levadeiro posible. 
Ademáis das recomendacións que xa vos fixemos chegar a pasada semana hoxe queremos que teñades en conta estas RECOMENDACIÓNS que nos fan dende o DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN do noso colexio.

RECOMENDACIÓNS PARA O PERIODO DE CORENTENA

Nas próximas semanas a vida vai cambiar bastante respecto ao que os vosos fillos e fillas están afeitos. As seguintes recomendacións poden axudarvos a facer menos duro este tempo de confinamento:

       É moi importante establecer unha rutina diaria (aos nenos e nenas dalles seguridade e aos adultos facilítanos a convivencia): Sería interesante elaborar un horario e poñelo nun lugar visible, onde se contemplen todas as actividades que se van realizar no día. A elaboración do horario xa é unha actividade en sí mesma, na que os nenos e nenas poden e deben colaborar.

       Utilizade as novas tecnoloxías con sentido común, entendendo que son un recurso, pero establecendo un tempo coherente de uso das pantallas.

       A permanencia dentro da casa non debe implicar a eliminación de actividade física. É importante moverse a diario. Unha idea, que pode ser divertida para facer en familia, é facer unha lista de cancións de música variada e bailar xuntos: pode ser baile libre ou que cada persoa "guíe" o baile dunha canción e o resto teñan que imitar os seus movementos. Seguro que se vos ocurren outras moitas ideas e aos vosos fillos e fillas aínda máis!

       Darlles a oportunidade aos nenos e nenas de colaborar nas tarefas da casa, de compartir responsabilidades, de acompañar (aínda que sexa telefónicamente) a persoas do seu entorno,...., en definitiva, de sentirse útiles e valorados, pode axudarlles a sentirse mellor neste tempo de confinamento.

       É importante que sexamos conscientes de que estamos nunha situación descoñecida e que é probable que todos e todas (tamén os nenos e nenas) pasemos por diferentes fases a nivel emocional: enfado, tristeza, medo,..., que poden dar lugar a comportamentos inadecuados. Sabede que é normal e intentade ser moi pacientes e empáticos (á vez que correxides os ditos comportamentos se é preciso).

       É probable que sexa unha tempada dura, pero temos a capacidade de superala e tamén de aprender moito: de nós mesmas/os, dos nosos seres queridos, da sociedade na que vivimos, do que é realmente importante nas nosas vidas.... Ademais, podemos aproveitar para facer moitas cousas que os horarios habituais de traballo non nos permiten: xogar, falar, ler xuntos, bailar,...

       Se me permitides un consello: utilizade moito o sentido do humor e intentade centrarvos no positivo que poidan ter estes momentos.

                
                         Un saúdo e moito ánimo!

*     Para calquera comunicación co Departamento de Orientación, podedes escribir ao correo: mjfreiref@edu.xunta.es

Periódicamente colgaremos suxerencias, actividades, recursos...que poderedes facer cos vosos fillos e fillas na casa. Por aquí podedes contarnos como vos vai e responderemos a calquera cousiña que nos vaiades comentando. Tamén podedes contactar con nós a través do correo profesdeinfantil1@gmail.com e na medida do posible iremos dando resposta a todas as dúbidas que nos plantexedes ou achegas que nos queirades facer.

Esperamos vervos pronto!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

RECEITAS NAVIDEÑAS

Semana do 14 ao 17 de Abril. COMECEMOS POUQUIÑO A POUCO....

BENVIDAS SEXAN AS VACACIÓNS DE VERÁN