POR SE QUERES FACER TRABALLO ESCRITO... E NON SE CHE OCORRE QUE FACER...

Ola rapazada!!! Aquí estamos outra vez as vosas mestras para facervos este tempo de illamento un chisquiño máis levadeiro. 
Seguro que todos e todas estades moi ocupados facendo cousas chulísimas e divertidas nas que aprendedes moito. Seguro que tamén estades moi atarefados facendo cousas da casa e botando unha man para demostrarlle aos vosos maiores que sodes persoas pequechas de tamaño pero enormes nas vosas gañas de AXUDAR.
Se a pesares do moito que estades traballando na casa lendo contos, debuxando, escribindo e copiando palabras, sumando e restando, cantando e bailando, gardando todo no voso diario, XOGANDO... aínda queredes facer algún que outro traballiño aquí vos deixamos unha pequena mostra de actividades que podedes descargar e facer se queredes, podedes e vos apetece.
Aquí podedes descargar tarefas directamente segundo o que queirades facer: números, grafomotricidade, letras, cores, series... 


    Lembrade que TODOS E TODAS TEMOS QUE QUEDAR NA CASA e que nos vemos pronto. 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Semana do 14 ao 17 de Abril. COMECEMOS POUQUIÑO A POUCO....

BENVIDAS SEXAN AS VACACIÓNS DE VERÁN

RECEITAS NAVIDEÑAS