LEMBRANZAS DO COLEXIO. Parte I

Bo día a todas e todos! Aquí estamos de novo para axudar un chisco na difícil tarefa de facervos este tempo de illamento o máis ameno posible.
Xa levamos un tempo sen vernos cariña a cariña , sen escoitar as vosas historias, sentir as vosas apertas e rir coas vosas ocorrencias, por iso as mestras pensamos que igual vos prestaba facer unha viaxe virtual polos recunchos do noso colexio a traves dunha serie de vídeos que estamos facendo.
Aquí van os vídeos para que viaxedes dende a casa polas lembranzas do colexio, elexide porta e a desfrutarrrr....
 
Desta volta viaxamos polas lembranzas que todas e todos gardamos do primeiro trimestre deste curso 2019-2020 tan raro que nos tocou vivir. Qué tal se despois de velo varias veces e desfrutalo con toda a familia vos animades a xogar con el, por exemplo: escribindo e/ou debuxando a actividade que máis vos gustou, ou a que menos, contando cantas actividades diferentes hai en cada vídeo, cantas se repiten nos vídeos das distintas aulas, escribindo palabras e frases que vistes nos vídeos, escribir e debuxar o nome dos nosos compañeiros e compañeiras de aula e das outras aulas, contar cantos somos en cada aula e en total, probar a facer algunha das actividades novamente, intentar algún dos experimentos feitos, etc, todo o que se lles ocorra ás vosas cabeciñas.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Semana do 14 ao 17 de Abril. COMECEMOS POUQUIÑO A POUCO....

PRIMEIRO TRIMESTRE