Semana do 27 ao 30 de Abril. UNHA SEMANA MÁIS...TRABALLAMOS NA CASA

Ola de novo rapazas e rapaces! Aquí estamos outra semana máis para seguir traballando e aprendendo cousiñas interesantes, pero iso sí, dende a nosa casiña.
Estivemos vendo que cada día traballades mellor e que as tarefas que vos amosamos cada vez vos saen máis chulas, así que a ver que facedes esta semana coas cousas que vos teñen preparadas as mestras. Tampouco nos cansamos de dicirvos que vaiades gardando os vosos traballiños ben ordenados e que todos os VENRES nos  mandedes a tarefa que vos marca a vosa mestra para o XOVES e a actividade común a todo infantil.
En fin, que se estades preparados e preparadas imos alá con esta nova semana, premede na imaxe da vosa aula....

A ACTIVIDADE COMÚN para todos e todas nesta semana do 27 ao 30 de abril descubrirédela premendo nesta imaxe de aquí.....



Comentarios

Publicacións populares deste blog

RECEITAS NAVIDEÑAS

Semana do 14 ao 17 de Abril. COMECEMOS POUQUIÑO A POUCO....

BENVIDAS SEXAN AS VACACIÓNS DE VERÁN