Esta semana tocou experimentar... e que ben o fixestes!!! Velaquí vos deixamos un vídeo das vosas creacións para que desfrutes adiviñando de quen é cada unha...
Apertas a moreas das vosas mestras que vos extrañan moito.
Benvidas e benvidos a este terceiro trimestre especial! Como xa saberedes polas noticias e polas mestras aínda teremos que esperar un chisquiño máis para vernos no colexio e traballar xuntos novamente; pero non pasa nada, seguiremos mantendo o contacto con vós a través das canles de sempre, do tokappschool , da web do centro , do correo profesdeinfantil1@gmail.com e sobre todo deste BLOGUE onde cada semana iremos poñendo as actividades que teredes que facer cada día na vosa casiña. Vós só tedes que estar pendentes cada LUNS de mirar na vosa aula o traballo que vos puxo a vosa mestra para cada semana; aiii, case nos esquecemos!!! Tamén faremos unha actividade común para toda a cativada de Infantil que vos achegaremos moi ben explicadiña nun vídeo cada nova semana. Estades preparados e preparadas para comezar???? Moito ánimo e imos alá coa primeira semana..... Lembrade levar coidado, non agobiarse e comecemos POUQUIÑO A POUCO. Velaquí as entradas, pinchade na AULA ...
Este curso 2020-2021 tan complexo e difícil por fin toca ao seu fin! E como é de ben nacidos ser agradecidos aí van os nosos parabéns: en primeiro lugar á s familias, por axudarnos en todo o proceso de adaptación ás novas normas e condicións de vida derivadas desta era covid e por ser tan comprensivas coas moitas veces que tivemos que reinventarnos no día a día da escola; e por suposto e sobre todo, aos nosos grandes heroes e heroínas que souberon estar á altura das circunstancias e superaron de longo todas as nosas expectativas cando alá por setembro comezamos esta empresa tan difícil de ensinar sen tocarnos, atender sen poder vernos as caras, traballar sen compartir materiais nin apertas e por aprender a sorrir únicamente cos ollos. Por todo isto, GRAZAS a todos e todas e PARABÉNS polo esforzo!!! Picade na imaxe da vosa aula e desfrutade coas lembranzas que vos agardan nos vídeos que con tanto cariño fixeron as vosas profes. 6ºEI-PROFE MARÍA 5ºEI-PROFE MARISOL ...
Para ir abrindo boca e prepararnos para as comilonas de Nadal aprendimos unhas cantas receitas navideñas e puxémonos mans á obra. Mirade que cousas máis ricas e bonitas fixemos entre todos e todas!!!
Comentarios
Publicar un comentario