Semana do 11 ao 15 de Maio. UN POUQUIÑO MÁIS CERCA DA SAÍDA.


Aquí estamos unha semana máis nenos e nenas! Como o estades levando? Esperamos que ben.

Traémosvos unha chea de actividades para facer na casiña e que nos teñades tan presentes coma vos temos nós a todos e todas.
Seguide gardando os traballos que vos propoñemos e lembrade enviarnos a tarefa dos xoves e a tarefa común o vindeiro venres ao noso correo electrónico profesdeinfantil1@gmail.com 

Pois se xa estades preparados e preparadas xa sabedes...premede na imaxe da vosa aula e a desfrutarrrr...





E a ACTIVIDADE COMÚN desta semana chámase ARTE CON FÍOS, premede nesta imaxe para averiguar que cousa interesante podedes facer todos e todas xuntos na casiña.









Comentarios

Publicacións populares deste blog

Semana do 14 ao 17 de Abril. COMECEMOS POUQUIÑO A POUCO....

PRIMEIRO TRIMESTRE