Semana do 25 ao 29 de Maio...E unha chea de lembranzas
Moi boas raparigas e raparigos!! Como o estades levando? Esperamos que todas e todos sigades tan ben como sempre e non perdades os vosos sorrisos.
Esta semana vimos cargadiñas novamente de actividades para seguir aprendendo e divertirnos con cousas novas e por todas e todos coñecidas. Lembrade que tedes tarefas para cada día da semana, máis a que nós precisamos que nos mandedes o venres é a TAREFA DO XOVES, vale?
Pois se xa estades preparadas e preparados para unha nova semana de aventuras, imos aló......Premede na imaxe da vosa aula e a desfrutarrrr.....
PROFE ANDREA
PROFE MARÍA
PROFE MONTSE
PROFE NATI
Esta semana en lugar da TAREFA COMÚN que vos propoñemos sempre fixémosvos un pequeno agasallo para todas e todos vós. As profes xuntamos as fotiños que fixemos canda vós no segundo trimestre e preparámosvos uns vídeos para lembrar o ben que o pasabamos na escola, canto aprendemos nela e canto vos botamos en falta neste momento tan raro que nos tocou vivir. Esperamos que vos guste moito xa que os fixemos con moito cariño para todas e todos. Coidádevos moito!!!




Comentarios
Publicar un comentario