Benvidas e benvidos a este terceiro trimestre especial! Como xa saberedes polas noticias e polas mestras aínda teremos que esperar un chisquiño máis para vernos no colexio e traballar xuntos novamente; pero non pasa nada, seguiremos mantendo o contacto con vós a través das canles de sempre, do tokappschool , da web do centro , do correo profesdeinfantil1@gmail.com e sobre todo deste BLOGUE onde cada semana iremos poñendo as actividades que teredes que facer cada día na vosa casiña. Vós só tedes que estar pendentes cada LUNS de mirar na vosa aula o traballo que vos puxo a vosa mestra para cada semana; aiii, case nos esquecemos!!! Tamén faremos unha actividade común para toda a cativada de Infantil que vos achegaremos moi ben explicadiña nun vídeo cada nova semana. Estades preparados e preparadas para comezar???? Moito ánimo e imos alá coa primeira semana..... Lembrade levar coidado, non agobiarse e comecemos POUQUIÑO A POUCO. Velaquí as entradas, pinchade na AULA ...
Comentarios
Publicar un comentario