Publicacións

PRIMEIRO TRIMESTRE

Imaxe
 No primeiro trimestre o alumnado de infantil, realizou múltiples actividades e experiencias, a través dos vídeos das diferentes aulas queremos mostrarvos un anaquiño da súa labor diaria. Facede clic no número para velo: null       AULA PROFE MARI AULA PROFE MARIA AULA PROFE NATI Desexamos que vos gusten.

REMATAMOS O CURSO- TERCEIRO TRIMESTRE!!!!

Imaxe
ESTE CURSO 2021-2022, TAN DIFÍCIL AÍNDA DEBIDO Á PANDEMIA ; CHEGOU AO SEU REMATE.  ASÍ QUE LLE DAMOS OS NOSOS PARABÉNS AO ALUMNADO E POR SUPOSTO AS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN PARA REALIZAR TODAS AS TAREFAS E VIVENCIAS DO MESMO. PARA QUE VEXADAS UN POUQUIÑO DO REALIZADO, AQUÍ VOS DEIXAMOS UNS VÍDEOS DE CADA AULA. PICADE NA IMAXE DA AULA PARA PODER VELOS.     AULA PROFE CRIS   AULA PROFE MARÍA AULA PROFE NATI AULA PROFE LETI MOI BO VERÁN A TODAS E TODOS!!!

COMO DISFRUTAMOS NO SEGUNDO TRIMESTRE!!!!

Imaxe
AO REMATE DESTE SEGUNDO TRIMESTRE, COMA NO ANTERIOR AQUÍ VOS AGASALLAMOS CUN VÍDEO DAS ACTIVIDADES, XOGOS E CELEBRACIÓNS QUE SE REALIZARON DURANTE ESTES MESES EN CADA UNHA DAS AULAS. PARA VELO FACEDE UN CLIC NO NÚMERO DE CADA AULA.                                  AULA PROFE CRIS                                   AULA PROFE MARÍA                     AULA PROFE NATI                     AULA PROFE LETICIA DESEXAMOS QUE VOS GUSTEN E A SEGUIR APRENDENDO E DISFRUTANDO.

REMATOU O PRIMEIRO TRIMESTRE!!!

Imaxe
  UN CURSO MÁIS CHEGAMOS AO REMATE DO PRIMEIRO TRIMESTRE, VOLVESTES A FACELO XENIAL AÍNDA TENDO MOITOS CONTRATEMPOS POLAS CIRCUNSTANCIAS E LIMITACIÓNS QUE AÍNDA TEMOS NA VIDA DIARIA. AS VOSAS MESTRAS QUEREMOS QUE LEMBREDES ALGÚNS DESES MOMENTOS QUE COMPARTIMOS NESTE TEMPO DENDE SETEMBRO.  EN CADA  NOME DA PROFE, ESTARÁ UN VÍDEO DA SÚA AULA, FAI CLIC E DISFRUTA. PROFE CRIS PROFE MARÍA PROFE NATI PROFE LETI PARABÉNS POR TODO O VOSO TRABALLO E A DESFRUTAR DESTES DÍAS DE NADAL E ANINOVO. ATA O  10 DE XANEIRO DE 2022!!! BOAS FESTAS.

BENVIDAS SEXAN AS VACACIÓNS DE VERÁN

Imaxe
Este curso 2020-2021 tan complexo e difícil por fin toca ao seu fin! E como é de ben nacidos ser agradecidos aí van os nosos parabéns: en primeiro lugar á s familias, por axudarnos en todo o proceso de adaptación ás novas normas e condicións de vida derivadas desta era covid e por ser tan comprensivas coas moitas veces que tivemos que reinventarnos no día a día da escola; e por suposto e sobre todo, aos  nosos grandes heroes e heroínas que souberon estar á altura das circunstancias e superaron de longo todas as nosas expectativas cando alá por setembro comezamos esta empresa tan difícil de ensinar sen tocarnos, atender sen poder vernos as caras, traballar sen compartir materiais nin apertas e por aprender a sorrir únicamente cos ollos.  Por todo isto, GRAZAS a todos e todas e PARABÉNS polo esforzo!!! Picade na imaxe da vosa aula e desfrutade coas lembranzas que vos agardan nos vídeos que con tanto cariño fixeron as vosas profes. 6ºEI-PROFE MARÍA   5ºEI-PROFE MARISOL ...

SEGUNDO TRIMESTRE LISTO .....IMOS A POLO TERCEIRO!!!!

Imaxe
  AQUÍ ESTAMOS DE VOLTA CUN NOVO VÍDEO-AGASALLO PARA TODOS E TODAS VÓS QUE TANTO TRABALLASTES E TAN BEN VOS PORTASTES NESTE SEGUNDO TRIMESTRE. PREMEDE NA PESTANA DA VOSA AULA, OU NA QUE VOS PRESTE, PARA DESFRUTAR DUN PEQUENO RESUMO DAS MOITAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS AO LONGO DESTES PRIMEIROS MESES DO ANO 2021.     PROFE MARÍA- AULA DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL PROFE MARISOL- AULA DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL   PROFE MONTSE- AULA DE 4ºA DE EDUCACIÓN INFANTIL   PROFE NATI- AULA DE 4ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL

8M. AS ARTISTAS DA NOSA VIDA...

Imaxe
PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER DESTE 8 DE MARZO DE 2021 TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COAS MELLORES COLABORADORAS QUE PODIAMOS TER, AS ARTISTAS DA VIDA DOS NOSOS CATIVOS E CATIVAS. MOITAS GRAZAS A TODAS POLAS VOSAS MOITAS ARTES E AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA HOMENAXE EN FORMA DE VÍDEO PARA CELEBRAR O VOSO DÍA.

O PRIMEIRO TRIMESTRE ... SUPERADO!!!

Imaxe
POR FIN CHEGAMOS AO FINAL DESTE PRIMEIRO E COMPLEXO TRIMESTRE. AS VOSAS MESTRAS ESTAMOS MOI CONTENTAS POLO BEN QUE O FIXESTES, O MOITO QUE VOS SUPERASTES E TRABALLASTES NESTE COMEZO DE CURSO. POR TODO ISTO QUEREMOS FACERVOS UN PEQUENO AGASALLO EN FORMA DE LEMBRANZAS E UNS VÍDEOS FEITOS COS VOSOS MELLORES MOMENTOS NA ESCOLA. PROFE MONTSE   PROFE NATI PROFE MARISOL   PROFE MARÍA DESFRUTADE MOITO DAS BEN MERECIDAS VACACIÓNS DE NADAL E DAS VOSAS FAMILIAS. FELICES FESTAS E VÉMONOS EN XANEIRO!!

MAGOSTO 2020

Imaxe
Un ano máis chegou o tempo das castañas e dos magostos. Aínda que non puidemos compartir xogos cos nosos compañeiros e compañeiras máis maiores e desfrutar da castañada coma sempre, buscamos a maneira de divertirnos e celebrar esta festa tan nosa respetando todas as novas normas desta nova realidade.  Velaquí vos deixamos unha pequena mostra dos xogos e obradoiros que fixemos o pasado 30 de outubro. VIVA O MAGOSTO!!

COMEZAMOS CURSO NOVO. BENVIDO 2020-2021

Imaxe
Novo curso e novas ilusións postas en mans do alumnado que se estrea nas aulas de tres anos e por suposto nos que volven dese tempo que nos tocou deixar as aulas, os sorrisos e os xogos para vernos na distancia. As mestras estamos moi contentas de poder voltar comezar de novo con todos e todas vós e por iso fixemos un pequeno vídeo para que poidades ver que ben nos estamos adaptando a esta "nova normalidade". BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO!!!

DESPEDIDA SEN FINAL. XUÑO 2020....E BO VERÁN A TODAS E TODOS!!!

Imaxe
Queridos nenos e nenas, chegamos por fin ao final deste curso tan especial 2019-2020 que sempre quedará marcado nas nosas lembranzas.  As vosas mestras e mestres durante este curso estamos moi orgullosas/os do grande traballo que fixestes ao longo do curso en xeral, e deste último trimestre tan raro que nos tocou vivir a todos/as en especial.  Máis agora, só nos presta agradecer inmensamente a colaboración de cada unha das familias que tanto nos axudaron a todos/as e as gañas que amosates vós, pequenos/as grandes  campións e  campionas durante todo o confinamento. Foi un pracer desfrutar con vós das vosas cariñas, dos vosos sorrisos,  dos vosos avances e do voso cariño.  Desfrutade moitííísimo do verán e premede na imaxe para ver a nosa pequena sorpresa.... DESFRUTADE DO MELLOR VERÁN DO MUNDO!!  E ATA SETEMBRO!!

FACEMOS O NOSO QUEIXO.

Imaxe
QUE GRANDES COCIÑEIRAS E COCIÑEIROS ESTADES FEITOS!!  DÁ GUSTO VERVOS TRABALLAR NAS COCIÑAS, COAS POTAS, CO LEITE, COS LIMÓNS, CO VINAGRE....  E QUÉ MARAVILLA DE QUEIXOS!!!  TEÑEN PINTA DE ESTAR MOOOOOI RICOS!! VELAQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DAS VOSAS DELICIOSAS CREACIÓNS. PREMEDE NA IMAXE E MIRADE BEN....  BO PROVEITO!!!!

Última semana de curso.....e por fin vacacións.

Imaxe
E parecía que non ía chegar, máis aquí estamos todas e todos:  benvidas e benvidos á ÚLTIMA SEMANA deste singular e especial CURSO 2019-2020. Despois de todo este tempo de traballos, actividades, vídeos, contos, cancións e demáis  tarefas, chegou o momento de descansar, de desconectar, de xogar, de facer cousas ao aire libre, de desfrutar da nosa familia....chega o FIN DE CURSO e o VERÁN!!! Esta semana tamén vos deixamos un Symbaloo en cada ventaniña de cada aula, pero este é un pouco diferente. As vosas mestras fixemos un traballo de recopilación e selección de cousiñas axeitadas á vosa idade que podedes usar durante o verán sempre que queirades, de xeito totalmente libre e voluntario, un BANCO DE RECURSOS co fin de que non teñades que mercar nada e por se tedes gañas de repasar o traballado neste curso.  Botámoslle un ollo á vosa ventaniña de aula? Pois imos alá....premede na imaxe e a desfrutarrr....  PROFE ANDREA  PROFE MARÍA   PROFE M...

Salvemos a Xureliño

Imaxe
Qué maravilla de traballos nos mandastes esta semana!! Sabiamos que todas e todos queriades moito a Xureliño e así o demostrades cos vosos carteis de axuda e apoio ao COIDADO DOS MARES e do MEDIO AMBIENTE en xeral.  Qué grande sorte ten este noso planeta TERRA de contar con cada un e cada unha de vós para mantelo bonito, respetado e ben coidado. Aquí vai unha mostra do voso compromiso no coidado da NATUREZA e do MEDIO AMBIENTE tan importantes para termos unha VIDA MELLOR. Desfrutade da fin de semana!!

Semana do 8 ao 12 de Xuño...E a piques de rematar.

Imaxe
Moi boas a todas e todos unha semana máis!!! Qué tal levades estes últimos días de curso? As vosas mestras estamos moi contentas co moito que estivestes traballando e co grande esforzo que estades facendo. Sodes uns campións e campionas de primeira división!!! Quédanos por diante unha semana máis de traballo e unha semana menos para as vacacións. Coma sempre, lembrade enviar a tarefa do XOVES  e a tarefa COMÚN o venres 12 de Xuño para que as mestras poidamos botar un ollo ao voso traballo e tomar nota para esta última e ben complicada e rara terceira avaliación. Seguimos ao voso dispor coma sempre na mesma dirección profesdeinfantil1@gmail.com Todo o mundo está listo/a, preparado/a  e con gañas!!! Pois imos alá... Premede na imaxe da vosa aula e a desfrutarrrr......     PROFE ANDREA   PROFE MARIA PROFE MONTSE PROFE NATI E como TAREFA COMÚN, esta semana témosvos unha pequena sorpresa detrás desta imaxe tan chula. Se queredes descubrila non ...

Semana do 1 ao 5 de Xuño....Estreando mes novo dende a casiña.

Imaxe
  Ola raparigas e raparigos!! Que tal ides esta semana? Esperamos que todas e todos sigades ben, xa que estreamos mes novo e estamos moi pretiño de rematar as clases e comezar as esperadísimas vacacións de verán.  Esta semana celébrase o DÍA DO MEDIO AMBIENTE e as vosas profes pensamos nunha morea de tarefas relacionadas con este tema. Xa sabedes, descargade as actividades, facédeas ao voso ritmo e cando teñades feita a do XOVES e a TAREFA COMÚN mandádesnolas ao noso correo de sempre ( profesdeinfantil1@gmail.com ) o VENRES, vale? Pois se xa estades preparadas e preparados....imos alá, premede na imaxe da vosa aula.   PROFE ANDREA    PROFE MARÍA   PROFE MONTSE   PROFE NATI Nesta semana do Medio Ambiente traémosvos unha TAREFA COMÚN moi importante para todas e todos vós. Pinchade na imaxe e descubride a misión desta semana.